equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

1º PRIMEIRO DO ENTROIDO

Velaquí o vídeo cos gañadores do 1º premio do concurso de disfraces; parabéns a Adrián e Fran

http://www.youtube.com/watch?v=xrhImyLRMLY&feature=player_detailpage

03/09/2013 at 11:16 am Comments (0)

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Co gallo do 150 aniversario da publicación do poemario Cantares Gallegos de Rosalía Castro, todo este ano 2013 van ter lugar diferentes homenaxes. O día 24 de febreiro é o día en que naceu a nosa escritora máis ilustre. Para festexalo, a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) propón que os centros escolares que así o desexen participen na lectura colectiva do libro. Nós tamén colaboramos. Breixo, Nuria e Sheila de 3º A póñenlle voz e arte a este “Sábado á noite”

 

http://www.youtube.com/watch?v=y-N-2VNTNNM&feature=youtu.be

 

,
02/20/2013 at 6:31 pm Comments (0)

O número 4 de “Ollos de aula”

02/17/2013 at 9:48 pm Comments (0)

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2013

  • No 2013 festéxanse os 150 anos da publicación de Cantares gallegos. Por este e outros moitos motivos, o día que cumpriría anos Rosalía, o 24 de febreiro, terán lugar unha serie de iniciativas en toda Galicia para homenaxear a unha das nosas escritoras máis universais.

  • No noso centro festexarémolo o luns 25 de febreiro cunha exposición sobre a súa obra e co recitado no recreo dalgúns dos seus poemas.

  • Para alén disto, o noso centro colaborará cunha iniciativa proposta pola AELG, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, que consiste nunha lectura colectiva, por parte de diferentes centros de ensino de Galicia, do poemario Cantares Gallegos. Gravaremos a lectura que farán algúns dos nosos alumnos e alumnas para subila despois á páxina web da AELG. Podedes ver toda a información nos seguintes enderezos. Na última ligazón, se buscades na segunda lectura colectiva, veredes que o poema 36 está adxudicado ao IES de Cotobade:

Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Cotobade.

02/15/2013 at 11:06 am Comments (0)

A FRAGA DAS VERBAS

A FRAGA DAS VERBAS

O día 21 de febreiro é o Día das Linguas Maternas. Para festexalo, imos sementar a nosa. Queremos que agromen flores en cada unha das “Mil primaveras máis” que Álvaro Cunqueiro soñou para a o galego.

Con este motivo, no recreo do xoves 21 deste mes, cada rapaz e rapaza engadirá dúas verbas á árbore da lingua: a que considere máis fermosa, e a que considere máis curiosa do ámbito da tecnoloxía e das ciencias.

Tod@s aquel@s que queirades engadir verdor neste bosque estades convidados.


02/15/2013 at 11:01 am Comments (0)

Segue o Nadal en galego

Máis ideas para agasallar en clave galega: libros, camisolas, gastronomía…

12/19/2012 at 4:47 pm Comments (0)

UN NADAL DE LIBRO


 

 Desexámosvos un Bo Nadal na compaña dos mellores libros, para gozar e para regalar

,
12/15/2012 at 7:57 pm Comments (0)


12/15/2012 at 7:40 pm Comments (0)

Velaquí o número 3 de “Ollos de aula”

12/11/2012 at 11:00 am Comments (0)

O EDL do IES de Cotobade está integrado xa na Coordinadora Comarcal de EDL de Pontevedra

O noso EDL (Equipo de Dinamización Lingüística) está xa integrado na Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, unha rede galega de EDL dos centros educativos que tenta compartir traballo, ilusión e medidas a prol da lingua. Podedes atopar toda a información da CGENDL na seguinte ligazón:

http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php

Para organizarnos mellor decidiuse estruturar esta rede nas diferentes comarcas galegas. Agora xa formamos parte da Coordinadora comarcal de Pontevedra. Podedes atopar a información da nosa comarca no blog “Sarmenteiros”:

CEDNL Pontevedra - Sarmenteiros

http://cenlpontevedra.blogspot.com.es/

 

, , ,
12/03/2012 at 5:39 pm Comments (0)

« Older PostsNewer Posts »