equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

con nós a lingua galega ten futuro

Este blogue está feito, con moito agarimo, desde o EDLg do IES de Cotobade. O noso obxectivo e dar a coñecer á comunidade educativa as actividades que imos desenvolvendo desde o noso centro para promocionar, potenciar, pular e poñer en valor á lingua galega.
Nós sen ela non seriamos o que somos, faltaría algo de nós. Lembrando ao noso benquerido Castelao diremos: Se por algo somos galegos é por obra e graza do idioma.

Aquí vos deixamos o himno galego na súa versión galega máis moderna a  ritmo de beatbox  na voz de Carlos Gende. Por certo queremos agradecer aos compañeiros do CPI Manuel Padín Truiteiro por esta orixinal entrevista que realizaron os alumnos de 2º da ESO en Radio Negueirós.