equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

CARTONEIRAS-CANTARES GALLEGOS »« O Cartafol virtual

EXPOSICIÓN ROSALÍA SEMPRE VIVA, VIVA ROSALÍA!

O 2013 é o ano Rosalía porque hai 150 anos que se publicou o seu poemario Cantares Gallegos. Durante o curso pasado  fixemos varias actividades para conmemorar esta data. Quixemos seguir coa festa rosaliana no novo curso escolar. Por iso seguimos aprendendo máis da súa vida e obra con esta exposición sobre Rosalía, cedida en préstamo polo Serviz0 de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, que estivo no noso centro desde o 25 de setembro ata o 9 de outubro.

Incluso se fixeron eco da nosa exposición na prensa!!

http://www.noticieirogalego.com/2013/09/a-exposicion-rosalia-sempre-viva-viva-rosalia-comeza-o-curso-no-ies-de-cotobade/

,
11/12/2013 at 4:33 pm
Commenting is closed