equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

CONCURSO DE MONÓLOGOS PARA O NADAL

Podemos festexar o Nadal de moitos xeitos pero cómpre facelo sempre con humor. Por iso convocamos o seguinte concurso. Podédelo poñer en práctica tamén nas xuntanzas familiares; unha boa gargallada a tempo pode previr moitos males…

 

 

CONCURSO DE MONÓLOGOS

20 de decembro: festival de Nadal

Xa chega o Nadal e, con el, as festas, as reunións familiares e moitos personaxes que só nos visitan unha

vez ao ano. Se queres meterte na pel dalgún deles para saber o que pensan, o que senten, mesmo o que

sofren, participa neste concurso.

Estas son as bases:

  • Escolle un personaxe típico do Nadal: algún dos Reis Magos, o Apalpador, Papá Noel, o amigo

              invisible, un participante dunha das típicas ceas de empresa, a árbore de Nadal, o boneco de neve…

  • Métete na súa pel e elabora un monólogo en galego.

  • Inscríbete no concurso antes do 18 de decembro. Para iso fala con calquera das profes de galego e xa te apuntan.

  • Faino o mellor que saibas. E moita sorte!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

 

, ,
12/12/2013 at 1:16 pm Comments (0)

OS NENOS IRLANDESES TAMÉN CANTAN A ROSALÍA

Xa sabemos que o 2013 é ano rosaliano. Pero non só aquí. Alén das nosas fronteira tamén saben apreciar a calidade da poeta. No colexio de primaria St. Mary’s School de Mullaghbawn, en Irlanda do Norte, se cadra por ser país de emigrantes coma nós, se cadra por ter unha paisaxe ben parecida á nosa, inzada de ríos e fontes, ou se cadra polo bo gusto literario, homenaxean a Rosalía de Castro recitando un dos seus poemas máis famosos en inglés e en galego. Non o perdades!

 

 

12/03/2013 at 10:52 am Comments (0)