equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

O Samaín

O día 30 de novembro celebramos o Samaín no noso centro. Ademais dos clásicos concursos de postres e de cabazas, este houbo un cuestionario en inglés sobre o Halloween e unha representación teatral na que se dramatizaban algunhas celebracións do Día de Todos os Santos da nosa contorna.

 


11/15/2013 at 12:29 pm Comments (0)

CARTONEIRAS-CANTARES GALLEGOS

A exposición Rosalía sempre viva, viva Rosalía! completouse cunha iniciativa da profe Paloma Domínguez. Partindo dunha experiencia da Arxentina da crise, que antes que renunciar á cultura por problemas económicos buscaron recursos orixinais para encadernar as obras literarias, fixemos a nosa particular edición de Cantares Gallegos decorando as pastas de cartón ao noso gusto, ao gusto do consumidor.

 

Podes achegarte a esta experiencia tan chula a través deste vídeo:

http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=7PV1KKfvtd0

, ,
11/12/2013 at 5:04 pm Comments (0)

EXPOSICIÓN ROSALÍA SEMPRE VIVA, VIVA ROSALÍA!

O 2013 é o ano Rosalía porque hai 150 anos que se publicou o seu poemario Cantares Gallegos. Durante o curso pasado  fixemos varias actividades para conmemorar esta data. Quixemos seguir coa festa rosaliana no novo curso escolar. Por iso seguimos aprendendo máis da súa vida e obra con esta exposición sobre Rosalía, cedida en préstamo polo Serviz0 de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, que estivo no noso centro desde o 25 de setembro ata o 9 de outubro.

Incluso se fixeron eco da nosa exposición na prensa!!

http://www.noticieirogalego.com/2013/09/a-exposicion-rosalia-sempre-viva-viva-rosalia-comeza-o-curso-no-ies-de-cotobade/

,
11/12/2013 at 4:33 pm Comments (0)