equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Co gallo do 150 aniversario da publicación do poemario Cantares Gallegos de Rosalía Castro, todo este ano 2013 van ter lugar diferentes homenaxes. O día 24 de febreiro é o día en que naceu a nosa escritora máis ilustre. Para festexalo, a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) propón que os centros escolares que así o desexen participen na lectura colectiva do libro. Nós tamén colaboramos. Breixo, Nuria e Sheila de 3º A póñenlle voz e arte a este “Sábado á noite”

 

http://www.youtube.com/watch?v=y-N-2VNTNNM&feature=youtu.be

 

,
02/20/2013 at 6:31 pm Comments (0)

O número 4 de “Ollos de aula”

02/17/2013 at 9:48 pm Comments (0)

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2013

  • No 2013 festéxanse os 150 anos da publicación de Cantares gallegos. Por este e outros moitos motivos, o día que cumpriría anos Rosalía, o 24 de febreiro, terán lugar unha serie de iniciativas en toda Galicia para homenaxear a unha das nosas escritoras máis universais.

  • No noso centro festexarémolo o luns 25 de febreiro cunha exposición sobre a súa obra e co recitado no recreo dalgúns dos seus poemas.

  • Para alén disto, o noso centro colaborará cunha iniciativa proposta pola AELG, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, que consiste nunha lectura colectiva, por parte de diferentes centros de ensino de Galicia, do poemario Cantares Gallegos. Gravaremos a lectura que farán algúns dos nosos alumnos e alumnas para subila despois á páxina web da AELG. Podedes ver toda a información nos seguintes enderezos. Na última ligazón, se buscades na segunda lectura colectiva, veredes que o poema 36 está adxudicado ao IES de Cotobade:

Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Cotobade.

02/15/2013 at 11:06 am Comments (0)

A FRAGA DAS VERBAS

A FRAGA DAS VERBAS

O día 21 de febreiro é o Día das Linguas Maternas. Para festexalo, imos sementar a nosa. Queremos que agromen flores en cada unha das “Mil primaveras máis” que Álvaro Cunqueiro soñou para a o galego.

Con este motivo, no recreo do xoves 21 deste mes, cada rapaz e rapaza engadirá dúas verbas á árbore da lingua: a que considere máis fermosa, e a que considere máis curiosa do ámbito da tecnoloxía e das ciencias.

Tod@s aquel@s que queirades engadir verdor neste bosque estades convidados.


02/15/2013 at 11:01 am Comments (0)