equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

Teatro

 
Teatro
Asistimos ao teatro co departamento de francés
Alumnos/as de Cotobade posando no Pazo

Pazo da Deputación

 

 

05/18/2012 at 8:43 pm Comments (0)

FELICITACIÓN LETRAS GALEGAS 2012

Felicitamos ao alumnado,profesorado e comunidade escolar do IES de Cotobade neste día das Letras Galegas.Coa a vosa colaboración realizamos durante todo o curso as propostas do Proxecto de fomento do uso do galego acordado polo Equipo de dinamización da lingua galega e redactado polo noso coordinador Francisco Suárez quen nos lembra “o importante é darlle oportunidades á nosa lingua,tratala ben,facela visible e saber que unha realidade mellor é posible e en Galiza e en galego tamén “.A cotío os rapaces e rapazas falades galego ao mellor sen lembrarvos dun plan previo pero estades facendo realidade a continuidade da lingua e sorprendonos coas vosas ideas,colaboracións,e tenacidade para lograr que a nosa lingua soe no Ies de Cotobade. E se soa a galego…que ben! FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012 adicado a VALENTíN PAZ ANDRADE!

05/17/2012 at 12:13 pm Comment (1)

LETRAS GALEGAS 2012 – VALENTÍN PAZ ANDRADE

Non deixedes de ver este traballo para coñecer algo máis da figura de Valentín Paz Andrade

05/15/2012 at 3:45 pm Comments (0)

O IES de Cotobade no Correlingua 2012

Un grupo de alumnos/as do Ies de Cotobade participarmos no Correlingua 2012. Foi unha xornada para comprometernos co uso do galego. Fixemos un percorrido polas rúas portando pancartas,  lemas ledicia e sorrisos. Estaban tamén alumnos de Carballedo “neste concello damos a cara pola lingua galega”. Tamén se achegaron meniños, rapaces/as,mozos, mestres/as doutros pobos.

05/14/2012 at 6:01 pm Comments (0)

Xa temos código QR de noso

Aquí vos deixamos o noso código QR por se nos queredes levar no móbil.
Códigos QR / Qr Codes

05/14/2012 at 5:55 pm Comments (0)