equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

Lecturas en galego (3ºA)

O grupo de 3ºA imos ler o libro ” Via secundaria” de An Alfaya


04/18/2012 at 11:32 am Comment (1)

Invitación aos alumnos de 3ºA para participar no blog

Desde hai uns meses temos acceso ao blog de normalización lingüística que creou o profesor de galego Francisco Suárez (Paco) no que aparecen temas relacionados co galego e actividades que se realizan no noso centro.Nos os alumnos de 3ºA do IES de Cotobade podemos participar comentando os artigos que aparecen no blog, subindo noticias, actividades… (ASDO: Carla)

04/18/2012 at 11:24 am Comments (0)

Dinamizando as TICs

Desde o departamento de galego queremos agradecer ao noso compañeiro Francisco Suárez o traballo realizado na web do centro (xa iniciado por outros profes) e a inclusión da nosa revista Cartafol. Esperamos seguir contando coa súa colaboración para que o departamento de galego se vaia familiarizando cada vez máis coas TICs. Grazas Paco.

04/14/2012 at 11:59 am Comments (2)

Abril

E ao final vai ter razón o refraneiro…en abril augas mil ,de momento imos pola cen esperemos chegar as cincocentas que fai moita falla a auguiña para os campos,agros,e poder rematar o curso pola fresca ,e por se volve o bo tempo imos lendo os libros que temos para este trimestre.Esperamos os vosos comentarios.


04/13/2012 at 6:30 pm Comments (0)