equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

As mentiras sobre o galego

01/31/2012 at 7:53 pm Comments (0)

Xa chegou O Cesto dos Trompos!!!

Hoxe 31 de xaneiro María Alonso Laredo, alumna de 3º ESO A, tróuxonos un agasallo marabilloso.

Trátase dun fermoso cesto branco con asa elaborado artesanalmente pola súa avoa Emérita Iglesias Iglesias, a cesteira de Tenorio. Desde o Equipo de Normalización e Dinamizacióda Lingua Galega do IES de Cotobade queremos manifestrarlle o noso agradecemento polo seu traballo e polo fermoso e útil cesto.

Este será o noso “Cesto dos Trompos” e estará á vosa disposición para que xoguedes no tempo de recreo, iso si, co compromiso de coidalo, de mimalo, de protexelo para que outros, despois de vós, tamén poidan xogar. Confiamos na vosa responsabilidade e respecto pola tradición.

Non queremos deixar de agradecer  outra vez a Emérita a súa atención e xenerosidade por dedicarnos o seu tempo e traballo con este agasallo que lle encargamos a través de María.

Velaquí o tedes:

O cesto tamén saíu ao exterior para posar para nós. Guapo!!!

01/31/2012 at 5:37 pm Comments (0)

1º Concurso creativo-literario SMSs cn amor, : )

Este ano imos lembrar a data dos namorados cun concurso creativo-literario co amor como pano de fondo. Só tedes que facer algo que de seguro se vos dá moi ben.

Crear un SMS en glgo cn m8 amor.

Podedes consultar as bases do concurso no taboleiro do centro. O prazo para entregar os vosos orixinais remata o 7 de febreiro.

bkñs

Por certo se precisades axuda nas mensaxes este enlace pode ser de utilidade ou tamén estoutro vos pode axudar.

01/30/2012 at 5:50 pm Comments (0)

mar de nubes

Estes dias poden contemplarse fermosas paisaxes mentres te achegas ao instituto

01/20/2012 at 6:40 pm Comments (0)

01/17/2012 at 3:13 pm Comments (0)

Xaneiro

Nesta mañanciña de xaneiro podese dar un paseiño para recibir o agarimo de sol en caloriña de raiola nesta fermosa terra de Cotobade.

01/14/2012 at 11:16 am Comment (1)

FELIZ ANO

Benvidos de novo ao insti esperamos que sexa un trimestre superdivertido e tamén estudar un algo .Alumnos e alumnas de 3º B.

01/09/2012 at 12:37 pm Comments (0)

Morreu o conservador libertario Isaac Díaz Pardo

Hoxe ás 8:30 da mañá finou en A Coruña Isaac Díaz Pardo.

Dun xeito discreto deixounos un home que viviu sempre así, humilde e xenerosamente na rebotica da cultura, traballando a reo polo seu ideal, Galiza. Díaz Pardo sempre lembraba que o seu traballo era por e para ela, e fíxoo fielmente dentro e tamén fóra dela.

Galiza queda orfa unha vez máis dun home bo e xeneroso; dun home con compromiso sincero; dunha discreta fortaleza; dunha mirada ao Máis alá; dun artista total; dun arquitecto de soños; dun mestre; dun pontífice do galeguismo; dun testemuño que recollemos; dun home, tamén, inxustamente tratado; dun exemplo e referente inesquecíbel e indispensábel para a nosa Terra e o noso ideal Galiza.

Cheo de tristura hoxe pasei por diante da tenda de Sargadelos na rúa Oliva, en Pontevedra, e nin unha mínima nota do seu pasamento, nin tan sequera na súa web. Desagradecidos.

Don Isaac Díaz Pardo. Descanse en paz.

01/05/2012 at 12:10 pm Comments (0)