equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

Premios Samaín 2011

Hoxe coñecemos aos gañadores das diferentes categorías do Concurso de Cabazas do País, Samaín  2011. Velaquí un vídeo que resume a entrega de premios:


Se os querede ver en foto estade atentos:

10/28/2011 at 8:30 pm Comments (0)

O Samaín xa está aquín

O Samaín entrou dun xeito sinistro polas portas do noso centro,  e cada día que morre aparecen máis e máis cabazas e calacús.  Estamos ateigados de terror.  Coa axuda de Mónica e das profesoras de plástica e inglés os alumnos de 3º da ESO montaron, no tempo que canto o galo, a terrorífica exposición.

Samaín é unha tradición que se está a recuperar en toda Galicia e como sabedes anuncia a fin do verán ou… contado  doutro xeito o inicio do inverno. E este ano 2011, coas temperaturas que tivemos ata o de agora, cúmprese de cheo.

As cabazas presentadas participan no concurso de cabazas do país, nesta edición 2011-2012 o xurado, formado polos alumnos do centro, vai premiar  ás cabazas máis orixinais, máis traballadas, máis simpáticas e máis terroríficas.

Sorte a todos os participantes.

Aquí vos deixamos tamén este vídeo para que coñezades algo máis este rito ancestral

10/27/2011 at 10:25 am Comments (0)

As chaves de Cotobade

O  equipo de dinamización da lingua galega do IES de Cotobade comeza aquí a súa aventura  a través da internet.  E faino empregado unha ferramenta básica: a lingua galega.

Nada mellor que principiar que cunha pregunta que me fago cada vez que xiro ao seu redor.

Que demo de porta abrirán estas chaves?

Podedes clicar enriba delas e decubrir onde vos levan

10/25/2011 at 8:32 am Comments (0)