equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Co gallo do 150 aniversario da publicación do poemario Cantares Gallegos de Rosalía Castro, todo este ano 2013 van ter lugar diferentes homenaxes. O día 24 de febreiro é o día en que naceu a nosa escritora máis ilustre. Para festexalo, a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) propón que os centros escolares que así o desexen participen na lectura colectiva do libro. Nós tamén colaboramos. Breixo, Nuria e Sheila de 3º A póñenlle voz e arte a este “Sábado á noite”

 

http://www.youtube.com/watch?v=y-N-2VNTNNM&feature=youtu.be

 

,
02/20/2013 at 6:31 pm Comments (0)


12/15/2012 at 7:40 pm Comments (0)

Facendo hip hop en galego con Aíd

Non era sen tempo, velaquí tedes o vídeo do Hip Hop, espero que vos guste e que gocedes coa música de Aíd.

E graciñas a ti Aíd por todo. Bks desde Cotobade.

Saúdos do teu fan number one (Pablo Gabián) que estivo atentísimo, e en primeira fila, durante todo o obradoiro.

07/06/2012 at 9:25 am Comments (0)

Que teñades un verán de festa

Con este vídeo queremos desexarvos un verán cheo de festas e de festas para a nosa lingua.

06/22/2012 at 7:09 pm Comments (0)

Cartafol 12

A todas e a todos graciñas por todo e que pasedes un bo verán de festa en festa.

Mil festas máis para a lingua galega.

06/22/2012 at 2:50 pm Comments (0)

LETRAS GALEGAS 2012 – VALENTÍN PAZ ANDRADE

Non deixedes de ver este traballo para coñecer algo máis da figura de Valentín Paz Andrade

05/15/2012 at 3:45 pm Comments (0)

Xa temos código QR de noso

Aquí vos deixamos o noso código QR por se nos queredes levar no móbil.
Códigos QR / Qr Codes

05/14/2012 at 5:55 pm Comments (0)

8 de marzo día Internacional da muller

Desde o Equipo de dinamización e normalización da lingua galega do IES de Cotobade queremos reivindicar neste 8 de marzo e nos trescentos sesenta e cinco días deste ano,  ás nosas mulleres. As mulleres que loitan día a día para sacar adiante ás súas familias nun traballo calado e constante e non valorado. As mulleres que desde a ética do coidado queren reivindicar unha ética do traballo e facerse visibles nesta sociedade que as quere facer pasar inadvertidas.

Terán que pasar moitos anos para que á muller se lle recoñeza o lugar que ten que ocupar en calquera sociedade. Podiamos solar  que neste século, no século XXI, será xa, cando a muller sexa partícipe da ética universal.

Se tedes ocasión non deixedes de ler a novela de María Reimóndez  “O club da calceta”, ou se o preferides podedes ver “O club da calceta” unha adaptación da novela da escritora galega  por Antón Dobao.  Trata temas como o maltrato, a prostitución, lesbianismo, e as relacións de poder, entre outros. Ollade este anaquiño.

Podedes ver esta curta, titulada Sorkunde , que nos convida á reflexión.

No noso centro tamén quixemos reivindicar á muller e ás nosas mulleres do futuro.

03/07/2012 at 9:00 pm Comments (0)

Competicións deportivas Cotobade vs Forcarei

O pasado 29 de febreiro celebráronse no IES de Cotobade as Competicións deportivas anuais co IES Chano Piñeiro de Forcarei. Nesta primeira xornada as rapazas foron as protagonistas das diferentes modalidades deportivas. Os resultados foron os seguintes:

Bádminton (Cotobade – 5 – Forcarei – 0)
Xadrez (Cotobade – 0 – Forcarei – 2)
Proba Cultural (Cotobade – 1 – Forcarei – 1)
Tenis de mesa (Cotobade – 0 – Forcarei – 1)
Voleibol (Cotobade – 1 – Forcarei – 0)
Baloncesto (Cotobade – 14 – Forcarei – 14)
Balonmán (Cotobade – 7 – Forcarei – 0)
Fútbol (Cotobade – 4 – Forcarei – 1)

Aquí vos deixamos este vídeo:

O venres 2 de marzo viñeron os rapaces. Estes foron os resultados das probas masculinas:

Bádminton (Cotobade – 5 – Forcarei – 0)
Xadrez (Cotobade – 1 – Forcarei – 1)
Proba Cultural (Cotobade – 0 – Forcarei – 2)
Tenis de mesa (Cotobade – 0 – Forcarei – 2)
Voleibol (Cotobade – 75 – Forcarei – 48)
Baloncesto (Cotobade – 18 – Forcarei – 6)
Balonmán (Cotobade – 4 – Forcarei – 5)
Fútbol (Cotobade – 3 – Forcarei – 2)

Aquí podedes ver un resumo das probas:


Os resultados parciais foron:
Competicións femininas: Cotobade 4 – Forcarei 2
Competicións masculinas: Cotobade 5 – Forcarei 4

O resultado final: Cotobade 9 – Forcarei 6

Graciñas ao IES Chano Piñeiro por vir a Cotobade e ata o vindeiro ano.

03/07/2012 at 5:47 pm Comments (0)

Rosalía está de aniversario. Felices 175

No día de hoxe no IES de Cotobade queremos felicitar á nosa autora máis universal, Rosalía de Castro, polo seu 175 aniversario. As alumnas de 4º de ESO fixeron un fermoso programa de radio. en breve poderdes escoitalo.

02/24/2012 at 12:38 pm Comments (0)

« Older Posts