equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

Teatro

 
Teatro
Asistimos ao teatro co departamento de francés
Alumnos/as de Cotobade posando no Pazo

Pazo da Deputación

 

 

05/18/2012 at 8:43 pm Comments (0)

Competicións deportivas Cotobade vs Forcarei

O pasado 29 de febreiro celebráronse no IES de Cotobade as Competicións deportivas anuais co IES Chano Piñeiro de Forcarei. Nesta primeira xornada as rapazas foron as protagonistas das diferentes modalidades deportivas. Os resultados foron os seguintes:

Bádminton (Cotobade – 5 – Forcarei – 0)
Xadrez (Cotobade – 0 – Forcarei – 2)
Proba Cultural (Cotobade – 1 – Forcarei – 1)
Tenis de mesa (Cotobade – 0 – Forcarei – 1)
Voleibol (Cotobade – 1 – Forcarei – 0)
Baloncesto (Cotobade – 14 – Forcarei – 14)
Balonmán (Cotobade – 7 – Forcarei – 0)
Fútbol (Cotobade – 4 – Forcarei – 1)

Aquí vos deixamos este vídeo:

O venres 2 de marzo viñeron os rapaces. Estes foron os resultados das probas masculinas:

Bádminton (Cotobade – 5 – Forcarei – 0)
Xadrez (Cotobade – 1 – Forcarei – 1)
Proba Cultural (Cotobade – 0 – Forcarei – 2)
Tenis de mesa (Cotobade – 0 – Forcarei – 2)
Voleibol (Cotobade – 75 – Forcarei – 48)
Baloncesto (Cotobade – 18 – Forcarei – 6)
Balonmán (Cotobade – 4 – Forcarei – 5)
Fútbol (Cotobade – 3 – Forcarei – 2)

Aquí podedes ver un resumo das probas:


Os resultados parciais foron:
Competicións femininas: Cotobade 4 – Forcarei 2
Competicións masculinas: Cotobade 5 – Forcarei 4

O resultado final: Cotobade 9 – Forcarei 6

Graciñas ao IES Chano Piñeiro por vir a Cotobade e ata o vindeiro ano.

03/07/2012 at 5:47 pm Comments (0)

Rosalía está de aniversario. Felices 175

No día de hoxe no IES de Cotobade queremos felicitar á nosa autora máis universal, Rosalía de Castro, polo seu 175 aniversario. As alumnas de 4º de ESO fixeron un fermoso programa de radio. en breve poderdes escoitalo.

02/24/2012 at 12:38 pm Comments (0)

Entroidiño 2012 no IES de Cotobade

Velaquí o programa do ENTROIDO 2012


Celebración da festa do entroido o venres 17 de febreiro no IES de Cotobade.

Horario das actividades:

9:15h: Entrada no Centro e entrega dos doces para o concurso en Usos Múltiples.

9:15-12:20h: Clase normal

12:20-12:35h: Momento de disfrazarse (na aula).

Nota: Cada profesor vixiará ao grupo co que teña clase durante a 4ª hora da mañá. Non se utilizarán os servizos para disfrazarse. Se se quere ir ao servicio, só se poderán utilizar os da planta baixa.

12:35-12:50h: Degustación de postres na planta baixa e inscrición para o concurso de disfraces en Conserxería.

12:50-13:15h: Recreo.

13:15-13:40h: Desfile de disfraces en Usos Múltiples.

13:40-14:10h: Baile (momento da votación dos mellores disfraces).

14:10-14:25h: Entrega de premios dos concursos de disfraces, caretas e doces en Usos Múltiples.

14:25-14:35h: Tempo para que os alumnos disfrazados se cambien na aula e a recollan. Cada grupo será vixiado polo profesor/-a da materia correspondente á 6ª hora.

Nota: Os alumnos que non se disfracen axudarán a preparar e a recoller as mesas.

02/16/2012 at 1:25 pm Comments (0)

Comeza o entroido 2012

O ciclo anual dá paso ao Entroido que este ano comeza o día 9 de febreiro en Verín co xoves de compadres, neste día realízase unha tradicional pelexa entre sexos. As mozas fabrican un boneco ou varios bonecos que representan os homes e tentan queimalo, mentres os mozos loitan por llo roubar.

Supoño que vós xa estades preparando os disfraces, pero se non é así non vos esquezades que o día 17 temos unha cita co entroido no IES de Cotobade. Imos celebrar o nos  Entroidiño: A Momada.

02/09/2012 at 7:52 pm Comments (0)

1º Concurso creativo-literario SMSs cn amor, : )

Este ano imos lembrar a data dos namorados cun concurso creativo-literario co amor como pano de fondo. Só tedes que facer algo que de seguro se vos dá moi ben.

Crear un SMS en glgo cn m8 amor.

Podedes consultar as bases do concurso no taboleiro do centro. O prazo para entregar os vosos orixinais remata o 7 de febreiro.

bkñs

Por certo se precisades axuda nas mensaxes este enlace pode ser de utilidade ou tamén estoutro vos pode axudar.

01/30/2012 at 5:50 pm Comments (0)

Este vídeo é impresionante

Tamén podedes falar galego galegando


11/17/2011 at 10:43 am Comments (0)

A lingua sabe a pan

Ollade que vídeo máis ben orixinal fixeron no CPI Virxe da Saleta de Cea

Esta versión karaokeira pódela cantar ti.

11/15/2011 at 8:24 pm Comments (0)

Magosto e xogos tradicionais no IES de Cotobade

11/10/2011 at 5:24 pm Comments (0)

Premios Samaín 2011

Hoxe coñecemos aos gañadores das diferentes categorías do Concurso de Cabazas do País, Samaín  2011. Velaquí un vídeo que resume a entrega de premios:


Se os querede ver en foto estade atentos:

10/28/2011 at 8:30 pm Comments (0)