equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

Que teñades un verán de festa

Con este vídeo queremos desexarvos un verán cheo de festas e de festas para a nosa lingua.

06/22/2012 at 7:09 pm Comments (0)

Lecturas en galego (3ºA)

O grupo de 3ºA imos ler o libro ” Via secundaria” de An Alfaya


04/18/2012 at 11:32 am Comment (1)

Xa coñecemos aos gañadores do 1 Certame Creativo Literarios de SMS

I CONCURSO CREATIVO-LITERARIO “SMs DÍA DOS NAMORADOS” IES DE COTOBADE

O xoves 9 de febreiro de 2012 reuniuse o xurado do I Concurso creativo-literario de SMs en galego 2012 para elixir aos gañadores do certame.

O xurado estivo composto por María Pichel Lois, lectora e Concelleira de Turismo e Promoción Económica en representación do Concello de Cotobade; Ana María Ferreiro Gómez, nai lectora en representación das nais e pais do centro; Nuria Bouzas Antas alumna lectora pertencente ao Club de lectura do IES de Cotobade representando ao alumnado; Mónica Costas González, conserxe lectora; Rosa García Otero coordinadora-lectora do Club de lectura do IES de Cotobade e representante da Biblioteca do centro e Francisco Xosé Suárez Benito coordinador-lector do Equipo de dinamización da lingua galega do IES de Cotobade.

Tras unha difícil deliberación e ante a enorme calidade dos traballos participantes, o xurado do concurso decidiu outorgar un terceiro premio ex aequo. A entrega de premios realizouse nunha data especial, o 14 de febreiro e os premiados foron:

Primeiro premio: Álvaro Búa Fontán de 2º ESO A

Segundo premio: Noelia Suárez Domatos de 2º ESO A

Terceiro premio ex aequo: Carla Rey Suárez 3º ESO A e Alexandra Leboso Francisco de 1º ESO B

O número total de traballos presentado foi de vinte e cada un dos participantes que non acadaron un dos catro premios anteriores recibiu un agasallo pola súa colaboración.

O xurado quere agradecer a participación a todos os alumnos que se presentaron e felicitar a grande calidade lírica das súas mensaxes, ademais da orixinalidade á hora de crear as abreviaturas. As vosas creacións abreviadas serán recollidas nun pequeno dicionario que se poñerá á disposición de toda a comunidade escolar no blog de Normalización da lingua galega do centro.

Ollade aos traballos gañadores:

02/23/2012 at 8:41 am Comments (0)

Recoñeces este cadeliño?

Aquí tedes a Balbino e ao seu can Pachín que están celebrando os cincuenta anos de “Memorias dun Neno Labrego“, de Xosé Neira Vilas

Se tedes un can que pasea como un can da aldea escribide a aventura, facede unha foto xuntos e subídea e traédea. Estades convidados a participar!

 


02/16/2012 at 12:46 pm Comments (0)