equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

Felicidades a Jessica Marcial e súa parella de baile Pablo García

O Equipo de dinamización da lingua galega do IES de Cotobade e tamén os teus compañeiros e compañeiras do IES de Cotobade querémoste felicitar, Jessica Marcial Fentanes, e tamén a túa parella de baile Pablo García, por gañar o concurso Os Reis da Muiñeira no programa da TVG A Solaina e pasar deste xeito á final do mes de febreiro.

O programa, en directo, emitiuse o día 2 de febreiro, por certo o día que casaron os paxariños. Foron ataviados co traxe de cotío e a peza que bailaron foi a Muiñeira de Santa Xuliana.

Van volver participar o día 23 de febreiro, estade atentos será sobre as seis da tarde.

Velaquí o programa do día 02-02-2012, para ver a Jessica e a Pablo tedes que ir ao minuto 49. Por certo xa sabedes que ambos os dous bailan nos Trazantes de Tenorio.


02/15/2012 at 8:16 am Comments (0)