equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

Facendo hip hop en galego con Aíd

Non era sen tempo, velaquí tedes o vídeo do Hip Hop, espero que vos guste e que gocedes coa música de Aíd.

E graciñas a ti Aíd por todo. Bks desde Cotobade.

Saúdos do teu fan number one (Pablo Gabián) que estivo atentísimo, e en primeira fila, durante todo o obradoiro.

07/06/2012 at 9:25 am Comments (0)

LETRAS GALEGAS 2012 – VALENTÍN PAZ ANDRADE

Non deixedes de ver este traballo para coñecer algo máis da figura de Valentín Paz Andrade

05/15/2012 at 3:45 pm Comments (0)

O IES de Cotobade no Correlingua 2012

Un grupo de alumnos/as do Ies de Cotobade participarmos no Correlingua 2012. Foi unha xornada para comprometernos co uso do galego. Fixemos un percorrido polas rúas portando pancartas,  lemas ledicia e sorrisos. Estaban tamén alumnos de Carballedo “neste concello damos a cara pola lingua galega”. Tamén se achegaron meniños, rapaces/as,mozos, mestres/as doutros pobos.

05/14/2012 at 6:01 pm Comments (0)

Xa temos código QR de noso

Aquí vos deixamos o noso código QR por se nos queredes levar no móbil.
Códigos QR / Qr Codes

05/14/2012 at 5:55 pm Comments (0)

Lecturas en galego (3ºA)

O grupo de 3ºA imos ler o libro ” Via secundaria” de An Alfaya


04/18/2012 at 11:32 am Comment (1)

Xa coñecemos aos gañadores do 1 Certame Creativo Literarios de SMS

I CONCURSO CREATIVO-LITERARIO “SMs DÍA DOS NAMORADOS” IES DE COTOBADE

O xoves 9 de febreiro de 2012 reuniuse o xurado do I Concurso creativo-literario de SMs en galego 2012 para elixir aos gañadores do certame.

O xurado estivo composto por María Pichel Lois, lectora e Concelleira de Turismo e Promoción Económica en representación do Concello de Cotobade; Ana María Ferreiro Gómez, nai lectora en representación das nais e pais do centro; Nuria Bouzas Antas alumna lectora pertencente ao Club de lectura do IES de Cotobade representando ao alumnado; Mónica Costas González, conserxe lectora; Rosa García Otero coordinadora-lectora do Club de lectura do IES de Cotobade e representante da Biblioteca do centro e Francisco Xosé Suárez Benito coordinador-lector do Equipo de dinamización da lingua galega do IES de Cotobade.

Tras unha difícil deliberación e ante a enorme calidade dos traballos participantes, o xurado do concurso decidiu outorgar un terceiro premio ex aequo. A entrega de premios realizouse nunha data especial, o 14 de febreiro e os premiados foron:

Primeiro premio: Álvaro Búa Fontán de 2º ESO A

Segundo premio: Noelia Suárez Domatos de 2º ESO A

Terceiro premio ex aequo: Carla Rey Suárez 3º ESO A e Alexandra Leboso Francisco de 1º ESO B

O número total de traballos presentado foi de vinte e cada un dos participantes que non acadaron un dos catro premios anteriores recibiu un agasallo pola súa colaboración.

O xurado quere agradecer a participación a todos os alumnos que se presentaron e felicitar a grande calidade lírica das súas mensaxes, ademais da orixinalidade á hora de crear as abreviaturas. As vosas creacións abreviadas serán recollidas nun pequeno dicionario que se poñerá á disposición de toda a comunidade escolar no blog de Normalización da lingua galega do centro.

Ollade aos traballos gañadores:

02/23/2012 at 8:41 am Comments (0)

Recoñeces este cadeliño?

Aquí tedes a Balbino e ao seu can Pachín que están celebrando os cincuenta anos de “Memorias dun Neno Labrego“, de Xosé Neira Vilas

Se tedes un can que pasea como un can da aldea escribide a aventura, facede unha foto xuntos e subídea e traédea. Estades convidados a participar!

 


02/16/2012 at 12:46 pm Comments (0)

As máscaradas de Cotobade. A MOMADA

As mascaradas de COTOBADE son unha boa expresión das licenzas do entroido e do espírito satírico burlesco propio do momento. O desfile da “Momada” era da parroquia e visitaba as aldeas da zona.  As mascaradas compoñíanse de lanceiros, madamitos, maragatos, oficios, muradás, vellas e vellos. Tedes máis información no CARTAFOL nº2 do IES de Cotobade e nos taboleiros. Animádevos a recuperar este Antroidiño! Como esta comitiva de madamitos.

02/16/2012 at 11:14 am Comments (0)

Un galano para o día dos namorados

Desde o EDLg do IES de Cotobade queremos desexarvos un feliz día e convidarvos a seguir amando á vida, aos amigos, a nosa lingua, a cultura galega, a Cotobade enteiro e a… que ti xa sabes.

Tamén queremos facervos un agasallo musical con este vídeo clip de Aires de Montillón, de Pepe Vaamonde Grupo, onde o amor e o amar están presentes.

02/14/2012 at 8:58 am Comments (0)

I CONCURSO CREATIVO-LITERARIO “SMs DÍA DOS NAMORADOS” IES DE COTOBADE

O xoves 9 de febreiro de 2012 reuniuse o xurado do I Concurso creativo-literario de SMs en galego 2012 para elixir aos gañadores do certame.

O ditame do xurado darase a coñecer o 14 de febreiro no recreo, así como a entrega de lapis de memoria aos catro gañadores e un agasallo a todos os participantes. Acto ao cal estades todos convidados.

O xurado estivo composto por María Pichel Lois, lectora e Concelleira de Turismo e Promoción Económica en representación do Concello de Cotobade; Ana María Ferreiro Gómez, nai lectora en representación das nais e pais do centro; Nuria Bouzas Antas alumna lectora pertencente ao Club de lectura do IES de Cotobade representando ao alumnado; Mónica Costas González, conserxe lectora; Rosa García Otero coordinadora-lectora do Club de lectura do IES de Cotobade e representante da Biblioteca do centro e Francisco Xosé Suárez Benito coordinador-lector do Equipo de dinamización da lingua galega do IES de Cotobade.

Tras unha difícil deliberación e ante a enorme calidade dos traballos participantes, o xurado do concurso decidiu outorgar un terceiro premio ex- aequo a dúas das creacións presentadas. Resultando pois catro os traballos premiados que son os seguintes:

Un primeiro premio, dotado con lapis de memoria de 16 Gb, para

Un segundo premio, dotado con lapis de memoria de 8 Gb, para

Un terceiro premio ex-aequo concedido a dous traballos, dotado con lapis de memoria de 4 Gb, para  e para

O número total de traballos presentado foi de vinte  e cada un dos participantes que non acadaron un dos catro premios anteriores recibirá un agasallo pola súa colaboración.


O xurado quere agradecer a participación a todos os alumnos que se presentaron e felicitar a grande calidade lírica das súas mensaxes, ademais da orixinalidade á hora de crear as abreviaturas. As vosas creacións abreviadas serán recollidas nun pequeno dicionario que se poñerá á disposición de toda a comunidade escolar no blog de Normalización da lingua galega do centro.

02/12/2012 at 12:47 pm Comments (0)

« Older Posts