equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

8 de marzo día Internacional da muller

Desde o Equipo de dinamización e normalización da lingua galega do IES de Cotobade queremos reivindicar neste 8 de marzo e nos trescentos sesenta e cinco días deste ano,  ás nosas mulleres. As mulleres que loitan día a día para sacar adiante ás súas familias nun traballo calado e constante e non valorado. As mulleres que desde a ética do coidado queren reivindicar unha ética do traballo e facerse visibles nesta sociedade que as quere facer pasar inadvertidas.

Terán que pasar moitos anos para que á muller se lle recoñeza o lugar que ten que ocupar en calquera sociedade. Podiamos solar  que neste século, no século XXI, será xa, cando a muller sexa partícipe da ética universal.

Se tedes ocasión non deixedes de ler a novela de María Reimóndez  “O club da calceta”, ou se o preferides podedes ver “O club da calceta” unha adaptación da novela da escritora galega  por Antón Dobao.  Trata temas como o maltrato, a prostitución, lesbianismo, e as relacións de poder, entre outros. Ollade este anaquiño.

Podedes ver esta curta, titulada Sorkunde , que nos convida á reflexión.

No noso centro tamén quixemos reivindicar á muller e ás nosas mulleres do futuro.

03/07/2012 at 9:00 pm Comments (0)

Rosalía está de aniversario. Felices 175

No día de hoxe no IES de Cotobade queremos felicitar á nosa autora máis universal, Rosalía de Castro, polo seu 175 aniversario. As alumnas de 4º de ESO fixeron un fermoso programa de radio. en breve poderdes escoitalo.

02/24/2012 at 12:38 pm Comments (0)

Morreu o conservador libertario Isaac Díaz Pardo

Hoxe ás 8:30 da mañá finou en A Coruña Isaac Díaz Pardo.

Dun xeito discreto deixounos un home que viviu sempre así, humilde e xenerosamente na rebotica da cultura, traballando a reo polo seu ideal, Galiza. Díaz Pardo sempre lembraba que o seu traballo era por e para ela, e fíxoo fielmente dentro e tamén fóra dela.

Galiza queda orfa unha vez máis dun home bo e xeneroso; dun home con compromiso sincero; dunha discreta fortaleza; dunha mirada ao Máis alá; dun artista total; dun arquitecto de soños; dun mestre; dun pontífice do galeguismo; dun testemuño que recollemos; dun home, tamén, inxustamente tratado; dun exemplo e referente inesquecíbel e indispensábel para a nosa Terra e o noso ideal Galiza.

Cheo de tristura hoxe pasei por diante da tenda de Sargadelos na rúa Oliva, en Pontevedra, e nin unha mínima nota do seu pasamento, nin tan sequera na súa web. Desagradecidos.

Don Isaac Díaz Pardo. Descanse en paz.

01/05/2012 at 12:10 pm Comments (0)