equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

Cartafol 12

A todas e a todos graciñas por todo e que pasedes un bo verán de festa en festa.

Mil festas máis para a lingua galega.

06/22/2012 at 2:50 pm Comments (0)

8 de marzo día Internacional da muller

Desde o Equipo de dinamización e normalización da lingua galega do IES de Cotobade queremos reivindicar neste 8 de marzo e nos trescentos sesenta e cinco días deste ano,  ás nosas mulleres. As mulleres que loitan día a día para sacar adiante ás súas familias nun traballo calado e constante e non valorado. As mulleres que desde a ética do coidado queren reivindicar unha ética do traballo e facerse visibles nesta sociedade que as quere facer pasar inadvertidas.

Terán que pasar moitos anos para que á muller se lle recoñeza o lugar que ten que ocupar en calquera sociedade. Podiamos solar  que neste século, no século XXI, será xa, cando a muller sexa partícipe da ética universal.

Se tedes ocasión non deixedes de ler a novela de María Reimóndez  “O club da calceta”, ou se o preferides podedes ver “O club da calceta” unha adaptación da novela da escritora galega  por Antón Dobao.  Trata temas como o maltrato, a prostitución, lesbianismo, e as relacións de poder, entre outros. Ollade este anaquiño.

Podedes ver esta curta, titulada Sorkunde , que nos convida á reflexión.

No noso centro tamén quixemos reivindicar á muller e ás nosas mulleres do futuro.

03/07/2012 at 9:00 pm Comments (0)

Entroidiño 2012 no IES de Cotobade

Velaquí o programa do ENTROIDO 2012


Celebración da festa do entroido o venres 17 de febreiro no IES de Cotobade.

Horario das actividades:

9:15h: Entrada no Centro e entrega dos doces para o concurso en Usos Múltiples.

9:15-12:20h: Clase normal

12:20-12:35h: Momento de disfrazarse (na aula).

Nota: Cada profesor vixiará ao grupo co que teña clase durante a 4ª hora da mañá. Non se utilizarán os servizos para disfrazarse. Se se quere ir ao servicio, só se poderán utilizar os da planta baixa.

12:35-12:50h: Degustación de postres na planta baixa e inscrición para o concurso de disfraces en Conserxería.

12:50-13:15h: Recreo.

13:15-13:40h: Desfile de disfraces en Usos Múltiples.

13:40-14:10h: Baile (momento da votación dos mellores disfraces).

14:10-14:25h: Entrega de premios dos concursos de disfraces, caretas e doces en Usos Múltiples.

14:25-14:35h: Tempo para que os alumnos disfrazados se cambien na aula e a recollan. Cada grupo será vixiado polo profesor/-a da materia correspondente á 6ª hora.

Nota: Os alumnos que non se disfracen axudarán a preparar e a recoller as mesas.

02/16/2012 at 1:25 pm Comments (0)

Preparádevos xa queda pouco para a Momada

Xa queda menos para o noso Entroidiño, A Momada de Cotobade. Estades preparando a sobremesa de entroido? Que boas han de estar esas filloas, doces, orellas, estrelas, chulas e… Uhmmmm!!! xa vos iremos contando.

Esta imaxe deixa claro que o estades  tomando en serio.

02/15/2012 at 8:29 am Comments (0)

Xa chegou O Cesto dos Trompos!!!

Hoxe 31 de xaneiro María Alonso Laredo, alumna de 3º ESO A, tróuxonos un agasallo marabilloso.

Trátase dun fermoso cesto branco con asa elaborado artesanalmente pola súa avoa Emérita Iglesias Iglesias, a cesteira de Tenorio. Desde o Equipo de Normalización e Dinamizacióda Lingua Galega do IES de Cotobade queremos manifestrarlle o noso agradecemento polo seu traballo e polo fermoso e útil cesto.

Este será o noso “Cesto dos Trompos” e estará á vosa disposición para que xoguedes no tempo de recreo, iso si, co compromiso de coidalo, de mimalo, de protexelo para que outros, despois de vós, tamén poidan xogar. Confiamos na vosa responsabilidade e respecto pola tradición.

Non queremos deixar de agradecer  outra vez a Emérita a súa atención e xenerosidade por dedicarnos o seu tempo e traballo con este agasallo que lle encargamos a través de María.

Velaquí o tedes:

O cesto tamén saíu ao exterior para posar para nós. Guapo!!!

01/31/2012 at 5:37 pm Comments (0)

PARABÉNS !! Noe

Desde o EDLg do IES de Cotobade queremos cumprimentar a Noelia Domato Suárez de 2º Eso A, por ser a gañadora do “Concurso de postais, benvida ó 2012” na categoría de Educación Secundaria, do Concello de Cotobade. Aquí podedes ver todos os gañadores.


12/15/2011 at 12:46 pm Comments (0)