equipo de normalización e dinamización da lingua galega ies de cotobade

aquí a lingua galega ten futuro

UN NADAL DE LIBRO


 

 Desexámosvos un Bo Nadal na compaña dos mellores libros, para gozar e para regalar

,
12/15/2012 at 7:57 pm Comments (0)

Que teñades un verán de festa

Con este vídeo queremos desexarvos un verán cheo de festas e de festas para a nosa lingua.

06/22/2012 at 7:09 pm Comments (0)

Caretiñas e máscaras Entroidiño 2012


02/17/2012 at 10:51 am Comments (0)

Felicita o Nadal en galego

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística ofrece na súa páxina web unha chea de recursos para o Nadal. Podedes elixir desde  modelos de cartas aos reis e outros personaxes de Nadal, ata recompilacións de cantos, contos ou materiais para vós e as vosas familias.
Coma no curso pasado contén unha aplicación para poder incorporar as nosas tarxetas de Nadal e enviar felicitacións dixitais co seu deseño.
Clica na imaxe e descobre todo o que tes por vivir:

12/08/2011 at 6:24 pm Comments (0)

Magosto e xogos tradicionais no IES de Cotobade

11/10/2011 at 5:24 pm Comments (0)

Premios Samaín 2011

Hoxe coñecemos aos gañadores das diferentes categorías do Concurso de Cabazas do País, Samaín  2011. Velaquí un vídeo que resume a entrega de premios:


Se os querede ver en foto estade atentos:

10/28/2011 at 8:30 pm Comments (0)

O Samaín xa está aquín

O Samaín entrou dun xeito sinistro polas portas do noso centro,  e cada día que morre aparecen máis e máis cabazas e calacús.  Estamos ateigados de terror.  Coa axuda de Mónica e das profesoras de plástica e inglés os alumnos de 3º da ESO montaron, no tempo que canto o galo, a terrorífica exposición.

Samaín é unha tradición que se está a recuperar en toda Galicia e como sabedes anuncia a fin do verán ou… contado  doutro xeito o inicio do inverno. E este ano 2011, coas temperaturas que tivemos ata o de agora, cúmprese de cheo.

As cabazas presentadas participan no concurso de cabazas do país, nesta edición 2011-2012 o xurado, formado polos alumnos do centro, vai premiar  ás cabazas máis orixinais, máis traballadas, máis simpáticas e máis terroríficas.

Sorte a todos os participantes.

Aquí vos deixamos tamén este vídeo para que coñezades algo máis este rito ancestral

10/27/2011 at 10:25 am Comments (0)