O IES de Cotobade no Correlingua 2012
Un grupo de alumnos/as do Ies de Cotobade participarmos no Correlingua 2012. Foi unha xornada para comprometernos co uso do galego. Fixemos un percorrido polas rúas portando pancartas, lemas ledicia e sorrisos. Estaban tamén alumnos de Carballedo «neste concello damos a cara pola lingua galega». Tamén se achegaron meniños, rapaces/as,mozos, mestres/as doutros pobos.

Invitación aos alumnos de 3ºA para participar no blog
Desde hai uns meses temos acceso ao blog de normalización lingüística que creou o profesor de galego Francisco Suárez (Paco) no que aparecen temas relacionados co galego e actividades que se realizan no noso centro.Nos os alumnos de 3ºA do IES de Cotobade podemos participar comentando os artigos que aparecen no blog, subindo noticias, actividades… (ASDO: Carla)
Dinamizando as TICs
Desde o departamento de galego queremos agradecer ao noso compañeiro Francisco Suárez o traballo realizado na web do centro (xa iniciado por outros profes) e a inclusión da nosa revista Cartafol. Esperamos seguir contando coa súa colaboración para que o departamento de galego se vaia familiarizando cada vez máis coas TICs. Grazas Paco.
Abril
E ao final vai ter razón o refraneiro…en abril augas mil ,de momento imos pola cen esperemos chegar as cincocentas que fai moita falla a auguiña para os campos,agros,e poder rematar o curso pola fresca ,e por se volve o bo tempo imos lendo os libros que temos para este trimestre.Esperamos os vosos comentarios.
April 13, 2012 - 6:30 PM No Comments
8 de marzo día Internacional da muller
Desde o Equipo de dinamización e normalización da lingua galega do IES de Cotobade queremos reivindicar neste 8 de marzo e nos trescentos sesenta e cinco días deste ano, ás nosas mulleres. As mulleres que loitan día a día para sacar adiante ás súas familias nun traballo calado e constante e non valorado. As mulleres que desde a ética do coidado queren reivindicar unha ética do traballo e facerse visibles nesta sociedade que as quere facer pasar inadvertidas.
Terán que pasar moitos anos para que á muller se lle recoñeza o lugar que ten que ocupar en calquera sociedade. Podiamos solar que neste século, no século XXI, será xa, cando a muller sexa partícipe da ética universal.
Podedes ver esta curta, titulada Sorkunde , que nos convida á reflexión.
No noso centro tamén quixemos reivindicar á muller e ás nosas mulleres do futuro.

Competicións deportivas Cotobade vs Forcarei
O pasado 29 de febreiro celebráronse no IES de Cotobade as Competicións deportivas anuais co IES Chano Piñeiro de Forcarei. Nesta primeira xornada as rapazas foron as protagonistas das diferentes modalidades deportivas. Os resultados foron os seguintes:
Bádminton (Cotobade – 5 – Forcarei – 0)
Xadrez (Cotobade – 0 – Forcarei – 2)
Proba Cultural (Cotobade – 1 – Forcarei – 1)
Tenis de mesa (Cotobade – 0 – Forcarei – 1)
Voleibol (Cotobade – 1 – Forcarei – 0)
Baloncesto (Cotobade – 14 – Forcarei – 14)
Balonmán (Cotobade – 7 – Forcarei – 0)
Fútbol (Cotobade – 4 – Forcarei – 1)
Aquí vos deixamos este vídeo:
O venres 2 de marzo viñeron os rapaces. Estes foron os resultados das probas masculinas:
Bádminton (Cotobade – 5 – Forcarei – 0)
Xadrez (Cotobade – 1 – Forcarei – 1)
Proba Cultural (Cotobade – 0 – Forcarei – 2)
Tenis de mesa (Cotobade – 0 – Forcarei – 2)
Voleibol (Cotobade – 75 – Forcarei – 48)
Baloncesto (Cotobade – 18 – Forcarei – 6)
Balonmán (Cotobade – 4 – Forcarei – 5)
Fútbol (Cotobade – 3 – Forcarei – 2)
Aquí podedes ver un resumo das probas:
Os resultados parciais foron:
Competicións femininas: Cotobade 4 – Forcarei 2
Competicións masculinas: Cotobade 5 – Forcarei 4
O resultado final: Cotobade 9 – Forcarei 6
Graciñas ao IES Chano Piñeiro por vir a Cotobade e ata o vindeiro ano.
Rosalía está de aniversario. Felices 175
No día de hoxe no IES de Cotobade queremos felicitar á nosa autora máis universal, Rosalía de Castro, polo seu 175 aniversario. As alumnas de 4º de ESO fixeron un fermoso programa de radio. en breve poderdes escoitalo.


